Funcións primeiro semestre do 2008
Febreiro
Venres, 9 Vigo
Venres, 15 O Barco
Marzo
Sábado, 8 Ourense
Domingo, 9
Sábado, 15 Vilalba
Abril
Venres, 18 Foz
Maio
Venres, 9 Culleredo
Sábado, 10 Cangas
Xuño
Venres, 27 Santiago
Sábado, 28
Outubro
Domingo, 12 Narón

versión en castellano

cartel
cartel vigo
Comida chinesa
de Pedro A. Ramos García


Comida chinesa
é unha obra para dous actores e, sen embargo, ten un ritmo trepidante. É heredeira, culturalmente, do cinema. As súas personaxes están nas cabezas de todos os espectadores. A información que se nos dá resulta recoñecible.

Aínda hoxe, os psiquiatras non son quen de explicar que pasa pola mente dun asasino en serie. Moi poucos admiten a súa culpabilidade ou teñen sentimento de culpa polos seus actos. Case nengún se arrepinte e a moi poucos se les encontra unha motivación concreta que os leve a cometer os seus crimes.

Comida chinesa afonda no universo dos psicópatas, mais non propón un mundo de bós e malos. Non introduce nengún maniqueismo. Todos son xulgados. A vítima e o criminal aparecen diante dos nosos ollos en pé de igualdade. O autor fuxe, conscientemente, dos favoritismos. E é precisamente este enfoque o que fai novedoso o texto.

Na súa liña de facer propostas diferentes,
Teatro de Adro, sorprendenos agora cunha obra descarnada, realista, provocadora na que os seus protagonistas vivirán un tempo definitivo da súa existencia nun espazo obsesivo e onde a cama será o lugar polo que xire unha grande parte da acción.

A construcción dunha banda sonora que nos evoque determinadas atmosferas do imaxinario colectivo, xunto coa presenza da imaxe gravada a través dun video que nos aporte novos prismas argumentais serán dúas das características que desde a dirección definirán a nosa aposta.



Rubén ------------------- X. A. PORTO “Josito”
Raquel ------------------ MÓNICA GARCÍA

Deseño cartel e fotografía --------------- MIGUEL CASTRO
Maquillaxe e vestiario -------------------- PALOMA UCIEDA
Deseño luces ------------------------------ AFONSO CASTRO
Espazo escénico -------------------------- AFONSO CASTRO
sobre unha idea de Suso Díaz

Axudante de dirección ----------------- SABELA AMADO ROJO
Produción executiva ------------------- ELENA BENITO
Texto original ------------------------------- PEDRO A. RAMOS GARCÍA
Tradución, adaptación e dirección --- LINO BRAXE


 

Agradecementos:
Sociedade de instrucción e recreo “La Juventud de Cecebre”
Fernando Esclusa
Fundación “Wenceslao Fernández Flórez”
Radio Nacional de España
Celia Díaz e Manolo Codesido, CDG.